CSIF insta á xerencia do Álvaro Cunqueiro a que defenda os intereses da Sanidade Pública e vele polo cumplimento do prego de condicións da concesionaria no tema do traslado da roupa sucia

Por o 15/05/2018 | Sección: CSIF,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
CSIF insta á xerencia do Álvaro Cunqueiro a que defenda os intereses da Sanidade Pública e vele polo cumplimento do prego de condicións da concesionaria no tema do traslado da roupa sucia

CSIF insta á xerencia do Álvaro Cunqueiro a que defenda os intereses da Sanidade Pública e vele polo cumplimento do prego de condicións da concesionaria no tema do traslado da roupa sucia.

O sindicato remítelle un documento con aclaracións ao Prego de Prescripcións Técnicas que recolle elementos suficientes para que o Sergas devolva esa función á empresa A central reclama á xerencia que deixe sin efecto as denuncias e sancións padecidas polo persoal estatutario e adopte a senda do diálogo para solucionar o conflicto. A Central Sindical Independiente de Funcionarios de Galicia, CSIF, en relación ao conflicto xurdido no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo respecto as TCAEs e o traslado das bolsas de roupa sucia: Consideramos inaceptable que un problema interno da Empresa Explotadora da Concesión derive nun conflicto no que a Xerencia da EOXI, no canto de defender os intereses da Sanidade Pública posicionándose de xeito claro do lado da atención aos pacientes prefira mirar cara outro lado e deixar que a Concesionaria (cun claro interés económico/empresarial) se desentenda desta función facéndoa recaer no persoal Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE).

Este colectivo, coñecido dende sempre como Auxiliares de enfermería, ten claro que a súa función dentro da Sanidade Pública é ATENDER ao paciente. Dentro das súas funcións RECOLLEN a roupa sucia xerada nas súas Unidades e proceden a embolsala. Nunca se negaron a elo. Ao que se negan é a asumir o TRASLADO da mesma, función que sería en detrimento do tempo xa de por sí escaso de que dispoñen para procurar o benestar do paciente.

Vese agravado este problema polo feito de que este colectivo, como outros desde a apertura deste Hospital de xestión público/privada, se atopa sobrecargado de traballo por mór dos recortes sufridos en contratacións de persoal e sustitucións do mesmo. Emprazamos á Xerencia e máis ao propio Conselleiro (con quen a Comisión de Centro ten solicitada unha reunión con carácter urxente) a velar polo cumplimento do Prego de Prescripcións Técnicas que rixe o Contrato da Concesión deste Hospital.

Neste senso vimos de presentar un escrito dirixido á Xerencia da EOXI de Vigo instándoa á recuperación da vía da negociación e o diálogo para o cal resulta imprescindible que deixe sin efecto as denuncias e sancións padecidas polo persoal estatutario. Paralelamente, e co ánimo de demostrar que existen elementos suficientes para que dende o SERGAS se devolva esa función á Empresa Concesionaria, achegamos tamén un documento baseado no Prego de Prescripcións Técnicas que deixa meridiánamente claro este extremo.

As accións de algúns parecen indicar que pensan que o público non ten dono. A Sección Sindical de CSIF Vigo lembra aos nosos responsables políticos e sanitarios que O PÚBLICO É DE TODOS e por eso cómpre defendelo.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.