Afundación, a Obra Social de ABANCA, dentro dos seus programas de envellecemento activo, ofrece ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de realizar unha serie de viaxes, tanto nacionais como internacionais, coa finalidade de promover un lecer cultural, saudable e un punto de encontro, comunicación e sociabilidade para os seus participantes. A programación de viaxes deseñada para este ano 2020 inclúe un total de sete destinos, para os que o prazo de inscrición aínda está aberto. Para anotarse é preciso dirixirse a calquera dos 11 Espazos +60 de Afundación en toda a comunidade.
A primeira saída será do 13 ao 18 de abril ao Balneario de Mondariz, e a seguinte a La Rioja e Álava do 3 ao 8 de maio.
A partir do mes de xullo todos os viaxes serán a destinos internacionais. Nese mes, do día 1 ao día 8, visitarán Escocia, e en setembro coñecerán Austria e o Tirol, en catro quendas de viaxe diferentes, e Huelva e Albufeira, do 22 ao 28 de setembro e do 28 de setembro ao 4 de outubro.
A programación continuará en outubro cunha visita a Exipto, que inclúe un cruceiro polo río Nilo, do 22 ao 29 de outubro, e finalizará cunha viaxe a Cuba do 10 ao 18 de novembro.
Noticias de última hora en Vigo