Cuiña desvela o proxecto do goberno municipal para instalar unha piscina climatizada na parcela da central da Rede de Calor

O rexedor silledense avanzou que será un dos grandes proxectos de cara á vindeira lexislatura durante a visita ás obras da Rede de Calor, que estarán rematadas a finais deste mes. A iniciativa nace ao amparo da rede, unha obra pioneira en Galicia, que permitirá un gran aforro a nivel enerxético
Publicado por o día 10/09/2018 na sección de Galicia

Cuiña desvela o proxecto do goberno municipal para instalar unha piscina climatizada na parcela da central da Rede de Calor

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, desvelou hoxe durante a visita ás obras da instalación da Rede de Calor con Biomasa, o proxecto do goberno municipal para construir unha piscina climatizada na parcela onde se situa a central de producción.

“Esta rede de calor é unha das obras máis emblemáticas neste municipio nos últimos anos e tamén unha das que máis ilusións nos está xerando”, indico ou alcalde lembrando que entre a obra, cofinancida polo INEGA, e cun orzamento de máis de 800.000 euros, e a compra da parcela, a través do Plan Concellos da Deputación con 138.336,75 euros, a actuación ronda o millón de euros.

O alcalde sinalou que esta primeira fase dará servizo a distintos centros públicos (campo de futbol, piscinas, Escola Infantil,) ao  Centro de Día e Residencia e o Hotel Vía Argentum, sendo a primeira rede deste tipo en Galicia de promoción público-privada.

“Sempre dixemos que esta sería a primeira fase dunha actuación máis ambiciosa para continuar nun futuro cunha planta de producción de astilla propia nun futuro que nos permita poñer en valor e aproveitar os recursos dos nosos montes, e permitindo tamén externder a rede de tuberías conectando novos centros públicos e tamén  vivendas e edificios”, engade.

Por outra banda, Cuiña avanzou que nos máis de 5.000 metros cadrados que quedan dispoñiles na parcela onde se está a levantar a Central de Producción da rede, xunto coa existencia precisamente deste centro, e o abaratamento no custe da enerxía, pemiten proxectar o que será unha das grandes apostas do goberno municipal de cara á vindeira lexislatura: a dotación dunha piscina climatizada, ” un servizo que se ven demandando dende hai moito tempo en Silleda”.

“Silleda podese permitir ter unha piscina climatizada contando co abaratamento do custe enerxético que imos lograr coa rede de calor, unha iniciativa que vai supoñer beneficios para os nosos veciños e veciñas e que suporá tamén a revalorización dos nosos montes”, apuntou.

Lista a final de mes

Cuiña visitou as obras da rede  xunto cos responsables da empresa adxudicataria, a UTE Orega-Coviastec, membros do goberno municipal e o  autor do proxecto, o enxeñeiro Ricardo González, que explicou  que a día de hoxe o 50 % das zanxas están xa abertas e un 28% das tuberías (cun máis de 2 kilómetros de instalación)  xa colocadas.

En canto á central de producción, a estrutura quedará rematada a vindeira semana, para comezar coa instalación das caldeiras e outros elementos. Os prazos estanse a cumprir polo que a obra estará rematada a finais deste mes.