Cultura e Turismo leva a oferta turística galega ao mercado do norte de Europa a través da feira Matka de Helsinki

Nos primeiros 11 meses de 2018 chegaron máis de 6.000 viaxeiros finlandeses que fixeron de 9.000 pernoitas e, en todo o ano pasado, o número de peregrinos que realizaron o Camiño de Santiago procedentes dese paíse medrou case un 12%
Por o 18/01/2019 | Sección: Cultura,Turismo
Cultura e Turismo leva a oferta turística galega ao mercado do norte de Europa a través da feira Matka de Helsinki
Compartir en:

O destino Galicia preséntase este ano na feira Matka Nordic Travel Fair, en Helsinki (Finlandia), un dos certames máis importantes do mercado emisor do norte de Europa, para promover neste territorio a oferta turística galega de xeito xeral. Desde onte, o departamento de Turismo da Xunta está presente nesta reunión comercial na que fai fincapé na promoción do Camiño de Santiago e os produtos relacionados coa natureza e a cultura.

Ademais, a Consellería de Cultura e Turismo promove a enogastronomía de Galicia como un dos segmentos máis destacados para o público do norte de Europa. Por outra parte, nesta feira manteranse varias xuntanzas con operadores turísticos do país nórdico, interesados en distintos produtos e servizos turísticos galegos, vencellados tamén coa natureza e a cultura.

Demanda turística

Polo que respecta á demanda turística do mercado finés nos primeiros once meses do pasado ano 2018, esta rexistrou un incremento de viaxeiros aloxados do 5,3% e do volume de noites nun 2,3% en relación ao mesmo período do ano anterior. Así, entre xaneiro e novembro de 2018 aloxáronse nos establecementos hoteleiros de Galicia máis de 6.000 finlandeses que realizaron máis de 9.000 pernoitas.

Polo que respecta ao número de peregrinos tamén os fineses están a amosar cada vez un maior interese por facer o Camiño de Santiago. En 2018 contabilizáronse máis de 800 peregrinacións doutros tantos cidadáns finlandeses que recibiron a Compostela, o que supuxo case un 12% máis que no ano anterior.

Comentar noticia

Your email address will not be published.