Cultura e turismo ultima un novo produto turístico que porá en valor o pontencial dos cascos históricos de Galicia

Por o 08/01/2019 | Sección: Cultura,Turismo
Cultura e turismo ultima un novo produto turístico que porá en valor o pontencial dos cascos históricos de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe con representantes de diversos concellos de Galicia para avanzar o contido dun novo produto turístico que porá en valor o potencial dos cascos históricos de Galicia.

A xuntanza, celebrada en Santiago de Compostela, permitiu expoñer as liñas programáticas desta iniciativa, que será presentada na próxima edición da Feria Internacional de Turismo (Fitur) e que afonda na aposta do Goberno autonómico por un turismo responsable, baseado nas persoas e que amplía e diversifica os circuítos dos viaxeiros en toda a Comunidade a través do turismo cultural, do turismo de compras e da gastronomía e a artesanía local. ​

Comentar noticia

Your email address will not be published.