Cultura entrega os premios do concurso de poesía ‘III Xogos Florais de Ponteareas’

A concelleira de Cultura recoñece o bo nivel medio dos traballos presentados
Publicado por o día 08/06/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Cultura entrega os premios do concurso de poesía ‘III Xogos Florais de Ponteareas’

O xurado do concurso de poesía “III Xogos Florais de Ponteareas” avaliou os trinta e un traballos presentados na categoría infantil, os catro da categoría xuvenil e os nove da categoría adultos. Tra-la lectura dos poemas presentados, os membros do xurado coinciden en valorar o bo nivel medio das persoas participantes.

O vindeiro día 9 de xuño fará público o nome das persoas premiadas nun acto que terá lugar ás 20:00 horas na sala multiusos do auditorio municipal. Os gañadores e as gañadoras desta terceira edición recibirán un trofeo, un diploma e unha flor.

O xurado está formado por Hortensia Bautista Fernández, concelleira de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo do Concello de Ponteareas en quen delegou o Alcalde, Roi Vidal Ponte, Marta Dacosta Alonso, Diego García Represas e Manrique Fernández Váquez, e como secretaria Sofía Rodríguez Suárez traballadora da Biblioteca Municipal.

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, felicita aos participantes pola boa calidade do traballo realizado animándoos a seguir escribindo e creando pezas literarias fermosas, comprometidas e singulares.