Cultura ofrece cursos lúdico didácticos nas parroquias

Por o 10/10/2018 | Sección: Eventos
Cultura ofrece cursos lúdico didácticos nas parroquias

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista financia ao 100% diferentes cursos  de quince horas de duración.

Nestes intres están en marcha o curso de memoria en San Mateo, o de matemáticas danzada en Guláns e Moreira, o de cestería en Arcos e Moreira, o de cosmética e hixiene natural en Arcos, Canedo e Moreira, o de manualidades e reciclase en Guláns e o de pintura e debuxo en San Mateo e Santiago de Oliveira.

A piques de comezar e aínda con prazas libres, están os cursos de caracterización e automaquillaxe en Canedo e Xinzo, o de cosmética e hixiene natural que se celebrará en Bugarín e o de cestería en Areas.

A concellería de Cultura ven de pechar os cursos de memoria en Cumiar e Fontenla, hatha ioga en Cumiar, Guillade e Prado, creativarte en Cristiñade, Padróns, Prado e Santiago de Oliveira, caracterización en Cristiñade, cestería en Ribadetea e Xinzo e pintura e debuxo en Pías.

Cultura quere achegar ao rural actividades lúdico-didácticas para diferentes idades atendendo ás demandas da veciñanza que se poden inscribir nas propias casas rurais.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.