Cumio do Cambio Climático. Que hai detrás do acordo de París?

Publicado por o día 02/02/2016 na sección de Amigos da Terra,Vigo

Cumio do Cambio Climático. Que hai detrás do acordo de París?

Amigos da Terra e Equo A Coruña organizan unha charla debate para valorar os acordos no Cumio Mundial do Cambio Climático (COP 21)

O pasado mes de decembro tivo lugar  a maior cume mundial contra o cambio climático da década, coñecida como COP 21 ou París 2015.Activistas de Amigos da Terra estiveron alí presentes xunto a outros varios de miles dun enorme e variado crisol de movementos sociais, en mobilizacións e accións de rúa que deron voz á xente de todo o mundo. Todos eles e elas participaron nas numerosas actividades que estaban programadas en París durante o cumio, como reunións que se levaron a cabo no “Centquatre” ou Zona de Acción polo Clima un gran espazo de converxencia, debates e mobilización. Aínda que tamén participaron  noutros tipos de actividades como accións de rúa, asembleas, protestas ou obradoiros durante toda a duración da COP.

Amigos da Terra e Equo A Coruña, organizan o vindeiro martes 3 de febreiro unha charla-debate na cidade de A Coruña para valorar o decepcionante acordo internacional acadado no XXI Cumio do Cambio Climático realizado en París.

A co-voceira de Equo-A Coruña, Silvia Pinal, explicará en que consistiu o cumio e cales eran as expectativas dos movementos e organizacións sociais.

A activista de Amigos da Terra, Sofía Marbán Lorenzo, compartirá cas persoas asistentes a sua experiencia na COP21, ofrecendo unha visión crítica do acordo resultante e achegará a súa visión fronte as alternativas de liñas de traballo asociativas.

Finalmente, entre todas as persoas asistentes abrirase un debate sobre os resultados do cumio e as alternativas posibles que pode impulsar a cidadanía.

PRENSA AMIGOS DA TERRA