Curso da DEPO para conservar a memoria na antigua escola de Tuimil

📣 Publicado por el 29/08/2017 en la sección de Deputación de Pontevedra - Formación - Galicia - Pontevedra

Curso da DEPO para conservar a memoria na antigua escola de Tuimil

A Sociedade Cultural do Viso vai ofrecer o curso CONSERVANDO A MEMORIA do programa “Depo en marcha” da Deputación de Pontevedra para maiores de 50 anos a partir do vindeiro mes de setembro. Impartirase Na  Antiga Escola de Tuimil os luns e venres de 17:30 a 19:00h e iniciarase o día 18.

O obxectivo do curso é coñecer o funcionamento da mente na memorización, adquirir técnicas básicas para adestrarse no desenvolvemento da memoria e reflexionar sobre a relación existente entre unha dieta equilibrada e unha boa memoria.

O curso ten un custe de inscrición de 6 euros e para inscribirse poderase facer no teléfono 656.938.058 ou no correo acsmviso@gmail.com.