Curso gratuíto de Soldadura con electrodo revestido e TIG

Publicado por o día 18/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

Curso gratuíto de Soldadura con electrodo revestido e TIG

A mediados de outubro iniciarase un Curso de Soldadura con electrodo revestido e TIG de carácter gratuíto e con prácticas en empresas, exclusivamente adicado a persoas desempregadas e co que se acada un certificado de profesionalidade.

Para poder optar a esta formación é preciso estar apuntado como demandante de emprego na oficina de emprego de Tui e contar coa titulación de ESO.

Esta formación, con dous cursos dispoñibles, conta cun total de 758 horas, repartidas nun total de 7 meses e que se impartirá en horario de mañá de 9:00h a 13:00h, para un dos cursos e de 15:30h a 20:30h para o outro curso.

Máis información no teléfono: 986 62 3110 (Cerrajería Gándara – Tomiño)