CURSO DE LINGUA GALEGA “Auga doce”

O Concello de Vigo organiza este curso onde se afondará no coñecemento da lingua galega a través do patrimonio que atesouran os nosos ríos e regatos: léxico, fraseoloxía, mitos, lendas…Ademais, sairase a coñecer os muíños de Vigo e un bosque de ribeira.
Por o 12/02/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
CURSO DE LINGUA GALEGA “Auga doce”

O curso dos ríos, vertebradores desde sempre do noso territorio e da nosa relación co espazo, empregados como fonte de recurso e incorporados ao noso patrimonio inmaterial na elaboración de lendas, mitos, léxico ou fraseoloxía, atesouran unha grande riqueza lingüística e cultural que é de todas e de todos, de aí a importancia de dala a coñecer e facilitar o acceso a ela.

O curso ten unha duración de 20 h + 2 h de saída.

Datas:
20, 22 e 27 de febreiro; 1, 6, 8, 13, 15, 20 e 22 de marzo de 2018

Horario:
de 18:30 a 20:30

Lugar:
Oficina Municipal de Distrito Bouzas – Casa Patín (Eduardo Cabello, 36)

Modo de inscrición:
Envía os teus datos (nome, teléfono e documento de identidade) ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org
Pon no asunto: Curso de auga doce

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.