Curso sobre a literatura de transmisión oral dirixido a maiores de 16 anos

“SOMOS HERDEIRAS/OS” (outubro 2019)
Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Formación,Galicia,Vigo

Curso sobre a literatura de transmisión oral dirixido a maiores de 16 anos
Esta nova proposta, “SOMOS HERDEIRAS/OS”, vertébrase ao redor da oralidade, da literatura de transmisión oral: cantigas, refráns, lendas, contos… Todas e todos sabemos cantigas, contos, lendas… que escoitamos, que nos aprenderon… que están aí. Ese conxunto de verbas herdadas han ser transmitidas para que todo ese saber e xeito de ser e manifestarnos non se perda, senón que se coñeza, valore, transmita…
 
“SOMOS HERDEIRAS/OS” é unha aposta polo noso patrimonio cultural inmaterial.
 
O curso ten unha duración de 20 horas; as aulas serán os martes e xoves do mes de outubro no auditorio Mar de Vigo (5º andar, aula 7) de 18:00 a 20:00 horas.
A inscrición (gratuíta) realízase cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion na páxina web do SNL. Cómpre poñer no asunto: curso de literatura oral.