CxG denuncia o fracaso das políticas de integración e inclusión social realizadas no albergue municipal de Vigo

O partido galeguista lamenta que o orzamento anual do “Centro Integral de Inclusión e Emerxencia (CIIES)”, de case un millón de euros, non acade os obxectivos de inclusión social, tanto no seu entorno máis próximo como a nivel municipal, cumprindo exclusivamente as tarefas de acollemento e atención social co seus usuarios.
Publicado por o día 18/06/2018 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

CxG denuncia o fracaso das políticas de integración e inclusión social realizadas no albergue municipal de Vigo

O partido galeguista lamenta que o orzamento anual do “Centro Integral de Inclusión e Emerxencia (CIIES)”, de case un millón de euros, non acade os obxectivos de inclusión social, tanto no seu entorno máis próximo como a nivel municipal, cumprindo exclusivamente as tarefas de acollemento e atención social co seus usuarios.
O Secretario local de Compromiso por Galicia, Xoan Antonio Cortés, valora como negativos os resultados acadados polo albergue municipal tras sete anos de existencia (2011-2018) e que non teña logrado neste tempo uns niveis visibles de integración e normalización social no colectivo de persoas en risco de exclusión social, situación que xunto coa degradación urbanística e a concentración dos comedores sociais e o albergue na zona de Torrecedeira conlevou a chegada progresiva, non só dos usuarios destes servizos, senón dun número superior de persoas que deambulando polo entorno, às veces en grupos, recurren à mendicidade e ao roubo en establecementos, protagonizando altercados entre eles e cos veciños e comerciantes, e deteriorando a vía pública e os parques infantís con comportamentos incívicos.
A formación galeguista acusa tamén ás Administracións públicas de ser corresponsables desta situación con decisións tomadas nestes últimos anos:
 
– Peche do Centro de Saúde de Beiramar por parte da Xunta de Galicia.
– Abandono do parque infantil do pavillón do Berbés por parte do Concello de Vigo, coa presenza continua de vidros rotos, botellas de alcohol e suciedade de orixe humano, incluida a “decisión” de eliminar os bancos para non ser utilizados polos indixentes, coa consecuencia do abandono das poucas familias das que inda até alí se achegaban cos seus fillos.
– Lentitude nas decisións urbanísticas por parte do Concello de Vigo: anos perdidos no novo proxecto de urbanización de Cordelerías Mar ou do Centro comercial na antiga nave de Frigoríficos Berbés, ou mesmo a tardía humanización de Marqués de Valterra e as conexións verticais con Torrecedeira e Pi y Margall.
– Permisividade da prostitución nas rúas Jacinto Benavente e Instituto Oceanográfico, trapicheo de drogas no parque Camilo José Cela e das ameazas dos “gorrillas” no entorno do albergue.
– Falta de control da concesionaria do “Centro Integral de Inclusión e Emerxencia (CIIES)”, que non cumpre co necesario traballo de rúa no exterior do Centro.
– Concentración dos servizos sociais nun entorno limitado: Albergue con funcións de aloxamento e comedor en Marqués de Valterra, Fogar San José (comedor da esperanza) na rúa San Francisco, Unidades de Traballo Social na Praza da Princesa, Unidade de calor-café na Praza da Princesa, Unidade mobil da Fundación Erguete en Jacinto Benavente,…
Coas seguintes consecuencias no entorno:
 
– Degradación urbanística e social do barrio.
– Perda de veciños, aumento de pisos e baixos baleiros e perda de valor económico das propiedades.
– Peche de comercios, aumento de roubos e enfrontamentos polo aumento da mendicidade, molestias a clientes e propietarios.
– Aillamento dos centros educativos: Escola infantil Santa Marta e CEIP Ramón y Cajal, convertindose en ghetos, e no caso do colexio cun importante descenso de matriculación de alumnado.
– Abandono das zonas de esparcemento de uso público, no caso do parque infantil do Pavillon de Berbés pola presenza permanente dos usuarios do albergue, e no Parque Camilo José Cela polos trapicheos con drogas.
– Concentración de persoas transeúntes e persoas sen fogar con patoloxías de alcoholemia, drogadicción ou conducta antisocial que fan vida diaria nas rúas, comercios, bancos e parques da zona, onde fan as súas necesidades físicas, procuran alcohol e droga ou pasan lentamente o tempo en portais, escaleiras ou acceso a vivendas.
Por todos estes motivos Compromiso por Galicia apoia as protestas veciñais para poder paralizar esta continuada degradación social do barrio, pero lembrando que só unha parte pequena desas persoas en risco de exclusión social son os responsables dos comportamentos incívicos que teñen conlevado a situacións de confrontamento antisocial, polo que debemos ter unha responsabilidade moral e política de procurar unha solución digna para esa parte da poboación que non ten nada, nen sequer esperanza na súa vida, e que deambulan nas nosa rúas fóra do que entendemos por convivencia social.
 
Compromiso por Galicia quere aportar unha serie de propostas para mellorar a convivencia e rematar coa degradación social e urbanística da zona:
 
– Esixencia á Cruz Vermella, como concesionaria do “Centro Integral de Inclusión e Emerxencia (CIIES)”, do cumprimento do prego de cláusulas (Punto F) coa actuación dunha Unidade de rúa que traballe polo entorno do albergue cos casos denunciados. E se non hai cumprimento efectivo esixir a rescisión da concesión á Cruz Vermella.
– Prioridade nas actuacións urbanísticas da zona, para evitar a degradación continuada de naves e edificios abandonados.
– Reparto xeográfico no termo municipal das prestacións de Servizos sociais, e apoio municipal ao novo albergue da rúa Toledo.
– Tratamento e seguimento específico por parte dos Servizos sociais de persoas ben coñecidas polo seu repetitivo comportamento violento e antisocial.
– Recuperación, mellora e mantemento dos espazos públicos para uso da veciñanza.
– Facilitar o aproveitamento de naves ou terreos abandonados do entorno para novos usos, tanto públicos como privados. Porqué non un “Mais que auga” no solar de Frigorificos Vigo ao carón do Pavillón do Berbés?
– Aumento da seguridade ante os problemas de alteración da orde pública, prostitución, bandas de trapicheo de drogas ou ameazas de “gorrillas”.