CxG: “O PSOE vigués leva no seu interior o viruso caciquista de usar o Concello como casa de emprego para militantes e familiares”

Nos últimos anos asistimos a unha “compra” de vontades, que sobrepasa con moito os limites soportavis para unha democracia
Por o 12/02/2019 | Sección: Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo
CxG: “O PSOE vigués leva no seu interior o viruso caciquista de usar o Concello como casa de emprego para militantes e familiares”

Os galeguistas de Compromiso por Galicia, entenden que unha das virtudes da democracia é que posibilita diferentes canles de participación na vida pública. Para a xente de Compromiso por Galicia a única via contra da tirania é a participación proactiva é a fiscalización da acción do governo. A contratación, por parte dunha das principais empresas concesionarias dos servizos municipais, da cuñada da actual presidenta da Deputación de Pontevedra; xa con sentenza condenatoria no Xulgado de Instrucción nº7 de Vigo; non deixa de ser un chanzo mais dun modo de actuar e facer política do noso alcalde. O funcionario do concello é culpado a 9 anos de inhabilitación por facer o traballo sucio que lle mandaron desde o último andar do Psoe vigués, no triunvirato que forman Abel, Carmela e Santos Hector. É unicamente por unha mal entendida lealdade, que prefire gardar silencio e ser sacrificado polo ben do actual Alcalde. Para o secretario local galeguista, Xoán Antonio Cortés: “O PSOE Vigués esta infectado do virus caciquista e está a “Baltarizar” a política viguesa”

O diálogo é ausente, a venda de favores e a prepotencia invaden o despacho do señor alcalde. A relación do alcalde coa FAVEC é a situación do estadio de Balaídos amosan a cara escura dunha cidade que vive cos ollos pechados a moitos dos problemas que o alcalde tapa co silencio dos medios.

Segundo o partido galeguista, o alcalde da nosa cidade, soubo criar toda unha lei de silencio ao redor da sua xestión, facilitando cartos públicos nos sitios acaidos para calar e avafar calqueira voz de disidencia. Para CxG esta lei de silencio, enmascara unha xestión sobre a que a xustiza, xa comeza firmemente a por dúvidas sobre a sua legalidade. A mesma xustiza xa comeza a levantar os problemas financeiros da cidade, cunha déveda sobre o Auditorio Mar de Vigo de perto de 30 millóns de euros que imos ter que pagar entre todos os vigueses.

Vigo merece moito mais que a política de “pichi” e “luzes”.

O secretario local en Vigo, da formación galeguista, Xoán Antonio Cortés, di que a cidade parece ver para outro lado e insiste en que Vigo e a sua area, como motor económico e social do noso País, merece moito mais, que un Alcalde, que unicamente fixa a sua actuación política na rentabilidade en votos, que lle dá o asfaltado e o falso embelecemento con luzes da cidade. Sen unha política industrial e comercial, que faga de Vigo un referente no noroeste da península Ibérica e sen os motores necesarios para o crecemento e expansión que serian unha area metropolitana e un transporte público metropolitano en funcionamento, Vigo está perdendo anos de avance.

Comentar noticia

Your email address will not be published.