CxG quere unha nova zonificación escolar digna para o ensino público

Para a forza galeguista o actual proxecto de zonificación escolar non mellora en nada ao actual, é mais, anotan desde a formación galeguista que a nova zonificación escolar virá a empeorar a situación, tanto educativa como de servizos complementarios, dun número moi elevado de estudantes da nosa cidade e deteriorará gravemente o ensino público
Publicado por o día 22/01/2018 na sección de Compromiso por Galicia,Política

CxG quere unha nova zonificación escolar digna para o ensino público

Para a forza galeguista o actual proxecto de zonificación escolar non mellora en nada ao actual, é mais, anotan desde a formación galeguista que a nova zonificación escolar virá a empeorar a situación, tanto educativa como de servizos complementarios, dun número moi elevado de estudantes da nosa cidade e deteriorará gravemente o ensino público. Segundo palabras de Xoán Antonio Cortés, secretario local dos galeguistas: “Rexeitamos a proposta de zonificación escolar, presentada pola Comisión Técnica de Educación, xa que é unha proposta profundamente inxusta e discriminatoria para co ensino público obrigatorio. Estase a discriminar ao ensino público dun xeito claro frente a outros proxectos educativos. Nesta reforma non se contemplan os servizos complementarios de transporte escolar e tampouco as actividades extraescolares desenvolvidas nos proprios centros de ensino público. É inaceptable a delimitación das zonas escolares e dos servizos establecidos na proposta da conselleria de educación da Xunta de Galicia.

É preciso delimitar zonas escolares que garantan a liberdade de elección de centro e a correcta dotación dos centros públicos, tanto en profesorado como en medios materiais e recursos educativos. Esta libre elección ten que ser proposta coa dotación tanto a nivel de profesorado, materias, instalacións, transporte escolar, comedores escolares,.. de recursos así mesmo como na apertura de novas aulas nos centros nos que fora preciso polo aumento da matrículas. Este novo borrador de zonificación escolar non garante en absoluto moitos destes servizos e dereitos que ata non vai moitos anos eran intrínsecos á escola pública, gratuita e era símbolo da súa calidade. Según esta nova planificación do mapa escolar de Vigo, moitos alumn@s terán q desplazarse ata 10 km do seu domicilio ao seu centro educativo; temos que ter en conta que moitos deles só teñen 11 anos.

Os galeguistas apostan por unha nova zonificación na base doutros criterios que aposten por dignificar á escola pública frente á actual proposta que aposta por un modelo educativo desigual. Temos coñecemento que existen alternativas mellores á presentada pola comisión. A Inspección Educativa debería elixir entre as que mellor se axusten aos intereses e dereitos de todos os nosos nen@s. Concordamos con FOAMPAS na paralización da tramitación deste inxusto e inadmisible borrador.