CXG Val Miñor valora como correcta inda que tardía, a decisión do alcalde de Nigrán de cesar a José Álvarez, concelleiro de Vías e Obras.

Publicado por o día 24/02/2014 na sección de Compromiso por Galicia,Operación Patos,Política

CXG Val Miñor valora como correcta inda que tardía, a decisión do alcalde de Nigrán de cesar a José Álvarez, concelleiro de Vías e Obras.

 Compromiso por Galicia, en declaracións da súa voceira en Nigrán, Natalia Costas Alonso, valora positivamente o cese por parte do alcalde de José Álvarez, ex concelleiro de Vías e Obras, inda que non comparte os motivos argumentados nas súas comparecencias por parte dos afectados.

 Compromiso por Galicia considera inaceptable que se argumente o estado anímico do concelleiro para propor o seu cese, ignorando o grave feito de obstaculización a laboura da xustiza coa negativa a declarar diante da xuiza no seu momento, motivo que sí debía ser tomado en consideración para solicitar o seu cese inmediato, por responsabilidade política e perda de confianza da máxima autoridade municipal.

  Segundo Natalia Costas “ao alcalde de Nigrán non lle quedou máis remedio que cesar ao seu concelleiro pola presión mediática e do seu partido, que dá unha de cal e outra de area cando se trata de corrupción dos seus propios cargos públicos”.

 Compromiso por Galicia apoiará todo tipo de actuación política, social ou xudicial que axude a erradicar calquera indicio de corrupción ou mala praxe nos organismos públicos, e polo tanto comparte e apoia as palabras do Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, cando indica que hai que distinguir entre a inocencia penal e a política, “aplicando neste último caso as normas de compartamento ético e de transparencia”. Así, cando as imputacións son prolongadas no tempo, “a cidadanía perde confianza nas institucións ao existir gobernantes baixo sospeita”.

  Finalmente Compromiso por Galicia solicita a máxima colaboración do alcalde e concelleiros coa investigación xudicial, poñendo á disposición da xuiza e do fiscal toda a infraestructura municipal para coñecer a verdade ou falsidade das supostas acusacións que caen sobre a Administración local de Nigrán.