O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, D. Enrique López Veiga, expón na Semana Europea da Rexións, en Bruxelas, a Estratexia Blue Growth do Porto de Vigo como exemplo demostrativo para todo o sector marítimo portuario da UE

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, D. Enrique López Veiga presenta a estratexia Blue Growth do Porto de Vigo na “Semana Europea das Rexións e Cidades”.
Publicado por o día 08/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, D. Enrique López Veiga, expón na Semana Europea da Rexións, en Bruxelas, a Estratexia Blue Growth do Porto de Vigo como exemplo demostrativo para todo o sector marítimo portuario da UE

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, D. Enrique López Veiga presenta a estratexia Blue Growth do Porto de Vigo na “Semana Europea das Rexións e Cidades”.
 
Este acto é unha plataforma internacional na cal representantes das administracións rexionais e locais e expertos do mundo académico reúnense ao longo de catro días coa finalidade de poñer en común boas prácticas e coñecementos especializados en materia de desenvolvemento rexional e urbano. Este evento está organizado de forma conxunta polo Comité Europeo das Rexións (CDR) e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG REXIO).
 
Neste evento, D. Enrique López Veiga ofreceu un relatorio na sesión “ How to boost Blue Growth from the ground: the example of the Port of Vigo”. O modelo Blue Growth do Porto de Vigo enxálzase como exemplo demostrtaivo da aplicación práctica da estratexia de Crecemento Azul lanzada pola comisión Europea. Durante a mesma, o Presidente expuxo a Estratexia Blue Growth do Porto de Vigo a través dun percorrido desde a concepción do proxecto ata a situación actual e futuros pasos.
 
A idea central de charla destacou a importancia de sustentar este tipo de estratexias a través de procesos de desenvolvemento bottom up, deseñados desde o contexto local. De forma que unha vez asentada a cooperación local, esta debe buscar a cooperación a nivel nacional e internacional.
 
Así mesmo, esta sesión permitiu dar a coñecer a ferramenta especialmente deseñada para a medición e seguimento do impacto da Estratexia en termos de desenvolvemento social, económico e ambiental na área de influencia do Porto.
 
A charla culminou destacando a compatibilidade da actividade industrial e económica portuaria co medio ambiente, ejemplificado a través dalgúns dos proxectos como “Peiraos do Solpor”, onde o Porto da man da Universidade de Vigo creou ecosistemas mariños dentro da zona portuaria, con fondos recuperados e aparición de praderías de zostera que captan CO2; “Tutatis” Cies 100% de enerxías renovables ou o “Compromiso de Our Ocean”.
 
Destacouse igualmente a incidencia da estratexia para promover a innovación en e a introdución de novas tecnoloxías en sectores estratéxicos como a pesca, como por exemplo a través do proxecto Lonxa 4.0 – TTQS (Transparencia, Trazabilidad, Calidade e sustentabilidade).