Da comezo a campaña “de volta a casa quero ser libre, non valente”

Nas redes, pola que reinvindicamos e denunciamos a situación de violencia a que estamos expostas as mulleres
Por o 10/01/2018 | Sección: Colectivos Feministas,Social
Da comezo a campaña “de volta a casa quero ser libre, non valente”

Dende a Marcha Mundial das Mulleres, poñemos en marcha esta campañaxa difundida nas redes, pola que reinvindicamos e denunciamos a situación de violencia a que estamos expostas as mulleres. Estamos fartas de ceder espazos, mudar percorridos e ser educadas no medo. O asesinato de Diana Quer e outros moitos na Galiza son o desenlace horrible de outras moitas violencias.

Denunciamos o tratamento do asasinato de Dina Quer nos medios sensacionalistas, que, consideramos, frivoliza e distorsiona un feito tan terrible e que non conciencia en loitar e evitar novas agresións.

Queremos resaltar que o asasino de Diana Quer ou os agresores dos casos dos que se está a falar nos medios (membros da “manada”, os futbolistas do Arandina…) son homes considerados “normais” na sociedade, integrados e non marxinados. Entendemos que un agresor ten unha serie de condutas que a sociedade asume como normais (grupos de wasap machistas, acoso verbal a mulleres…etc) que son consentidas e incluso premiadas e que, xunto cunha imaxe hipersexualizada e menosprezada da muller, chegan a xerar monstruos dos que este sistema é responsable.

Entendemos que se non focalizamos a atención sobre todas as violencias previasque sofren as mulleres antes dun asasinato e non rachamos con condutas que constitúen a cultura da violación, as cifras de mulleres violadas e asasinadas nunca van deixar de mudar.

Expoñemos con detalle as nosas reinvidicacións e protesta no texto anexo.

Pretendemos que se extenda esta campaña que reflicte o que sentimos todas as mulleres en algún momento da nosa vida, volvendo á nosa casa pola noite, porquetodas puidemos ser Diana Quer.

Esta campaña, a maiores de difusión activa nas redes, e pegada de carteis nas rúas de Vigo, completarémola con:

–       Unha performance/acción – O xoves 12/01 ás 19:30 h – Rúa do Príncipe Vigo

–       Outras actividades en proceso de organización 

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.