Da Pedra ao Sal. Anotacións sobre a Prehistoria e o Período Galaico Romano na comarca de Redondela.

Por o 11/02/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Da Pedra ao Sal. Anotacións sobre a Prehistoria e o Período Galaico Romano na comarca de Redondela.

Este é o título da nova mostra presentada polo Alcalde de Redondela Javier Bas. A exposición, situada na sala II do Multiúsos de Redondela, é unha achega aos períodos máis afastados do pasado de Redondela.

Nela móstranse datos de achados dende a Prehistoria ata a época Galaico-Romana, co acompañamento de fotografías do Museo de Pontevedra e ilustracións. A partir dunha grande liña do tempo, o visitante pode situarse na época e os fitos máis importantes do momento.

Os contidos, desenvolvidos baixo a dirección do historiador colexiado Telmo Crespo, son expostos de forma novidosa, cun forte carácter didáctico, co fin de achegar a información ao maior público posible. Son interesantes os datos que se dan por exemplo dos achados no Monte Carrascal, bastante descoñecidos, a importancia de innovacións como a cerámica no Neolítico ou o valor que os romanos lle deron ao sal. Poderá visitarse todolos días de luns a domingo en horario de apertura do edificio.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.