A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá durante este mes e o mes de maio as prácticas regulamentarias de adestramento coa arma regulamentaria dos corpos da Policía Local de toda Galicia e da Garda civil de Lalín.
Mais de 500 policías pasarán pola Academia para realizar as prácticas de manexo, destreza e uso da arma regulamentaria, de obrigada realización por parte dos profesionais, compre recordar que a arma é dotación obrigatoria para os axentes da autoridade.
Ademais da práctica real na galería de tiro, obteñen formación teórica das últimas novidades no uso da forza, recordándolles a necesaria proporcionalidade dos medios técnicos a empregar.
Xuntos cos policías locais, realizarán estes dous meses as súas prácticas os gardas civís da compañía de Lalín, que comprende os concellos de Lalín, A Estrada, Forcarei, Cerdedo e Vila de Cruces.
Noticias de última hora en Vigo