Dan inicio as obras de urbanización en varias rúas da zona Párroco Valiñas

Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Dan inicio as obras de urbanización en varias rúas da zona Párroco Valiñas

O Concello de Ribadumia informa que deron comezo as esperadas obras de urbanización en varias rúas da zona Párroco Valiñas, ou o que é o mesmo da zona próxima á Pousada de Ribadumia ou a Casa de Cultura.

Estas obras consistirán na canalización de pluviais e dos suministros como auga e saneamento, así como na construción de novas beirarrúas e prazas de aparcamento.

O importe adxudicación con impostos 211.161,95 €, prazo de execución aproximado é de 4 meses.

Estas actuacións veñen a mellorar a imaxe dun entorno que congrega numerosas visitas ó longo do ano posto que a Carballeira de Ribadumia situada no mesmo lugar e o enclave elixido para numerosas actividades tanto públicas como privadas. O mesmo tempo que é punto de paso para achegarse a zona deportiva de A Senra ou do Auditorio de Ribadumia. Ademais de supor unha das demandas existentes dende a construción da Pousada a cal se está dando resposta.