Dan negativo 27 traballadores do Álvaro Cunqueiro que tiveran contacto cunha doente infectada

Xa poden volver ao traballo
Publicado por o día 15/08/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

Dan negativo 27 traballadores do Álvaro Cunqueiro que tiveran contacto cunha doente infectada

Dan negativo por segunda vez os 27 traballadores do hospital Álvaro Cunqueiro que permanecían illados no seu domicilio como medida preventiva. Estiveran en contacto cunha doente á que se lle detectou a infección nun preoperatorio despois de varios días ingresada en Neurocirurxía. As oito enfermeiras, once auxiliares e oito celadores que estiveron confinados poden volver ao traballo.

Estes 27 traballadores (persoal de enfermería e celadores) foron illados a principios de agosto como medida de precaución por estar en contacto cunha paciente que ingresou no hospital vigués para someterse a unha cirurxía.

Ao realizarlle as probas PCR a dita paciente, o resultado foi positivo en coronavirus, polo que o hospital decidiu o illamento de todo o persoal que tivera contacto con ela.

Segundo informou este venres o Sergas, as últimas probas realizadas a estes traballadores deron resultado negativo, “polo que están en condicións de abandonar o illamento e volver ao traballo”.

No último informe feito público este venres, Sanidade confirmou que, na área sanitaria de Vigo, hai 134 casos activos de COVID-19, dos que 2 están ingresados en planta do Álvaro Cunqueiro (ningún paciente na UCI) e 132 nos seus domicilios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.