Dani Costas chega ao Federal Bar

Publicado por o día 04/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Dani Costas chega ao Federal Bar

Dani Costas é un músico e cantautor con máis de dúas décadas de traxectoria. Tras múltiples escenarios ás súas costas como cantante e músico de orquestra, chega a Federal Bar presentado o seu traballo máis recente, “Pequeño infinito”, no o Dani Costas máis íntimo preséntasenos nun disco cargado de rock e pop que o propio autor a composto do primeiro ao último track e presentase en Federal Bar nun formato persoal e acústico.

Dani Costas defínese como un adicto á música marcado polo pop e o rock. Desde moi novo formou parte de grupos cos que tocaba por locais da súa cidade e gravaba maquetas. Adquiriu gran experiencia como cantante e guitarrista grazas a varias orquestras, coas que percorreu toda Galicia.

En 2016 autoeditó o seu primeiro disco “Todo o nada” e tocouno en diferentes formatos por salas de Pontevedra. Esta actividade foina compaxinando con concertos de versións a dúo ou en solitario e coas xiras da orquestra.

Agora preséntanos o seu segundo disco “Pequeño infinito” onde hai sete novas historias cun son máis maduro e persoal. Con este novo proxecto decidiu dedicarse única e exclusivamente á súa música e levala a cuantos máis sitios mellor.

Comentar noticia

Your email address will not be published.