Dani Rovira presenta a súa nova proposta de humor Odio no Teatro Afundación de Vigo

Poderase ver o venres 25, o sábado 25 e o domingo 26 de xaneiro
Publicado por o día 16/01/2020 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Dani Rovira presenta a súa nova proposta de humor Odio no Teatro Afundación de Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a representación do novo espectáculo de humor do cómico e actor Dani Rovira, Odio, en Vigo. Sairá a escena no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro venres 24 de xaneiro, ás 20.30 h, o sábado día 25 a partir das 20.00 h, e o domingo 26 de xaneiro ás 18.30 h. As últimas entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

O cómico andaluz Dani Rovira presenta o seu novo espectáculo de stand up comedy no que, sen censura algunha, poñerá enriba da mesa a súa visión máis honesta e delirante do ser humano de hoxe en día. Máis de 15 anos facendo comedia sobre as táboas: Inmortal de la Risa, Las noches de Paramount Comedy, Las noches del Club de la Comedia, ¿Quieres salir conmigo?, Improviciados, etc. Despois de gozar de Odio só poderán pasar dúas cousas, que o ames ou o odies para toda a vida. En ambas as dúas, a risa vai incluída.