Daniel Lago: “Europa ten que empezar un novo “GREEN DEAL” para xerar emprego de calidade e ser lideres na loita contra o cambio climático”

Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Daniel Lago: “Europa ten que empezar un novo “GREEN DEAL” para xerar emprego de calidade e ser lideres na loita contra o cambio climático”

PARA COMPROMISO POR GALICIA ESTAMOS NA HORA DE DAR O SALTO PARA A DESCARBONIZACIÓN CON TODO O QUE SUPORÍA NA CREACIÓN DE EMPREGOS DA “ECONOMIA VERDE”.

O candidato nº 2 da candidatura europea na candidatura galeguista, Daniel Lago, fala do necesario cambio de modelo enerxético que en Europa temos que levar adiante e no que Galicia ten que aproveitar para ser punteira nestas novas tecnoloxías.

Temos que darnos conta da nosa potencia como país productor de enerxias limpas e líder do cambio climático. Os galeguistas que van a Europa na Coalición por unha Europa Solidaria levan como eixo do seu programa un novo “green deal” cunha inversión de 100.000 millóns € nos vindeiros 5 anos e unha fiscalidade verde a nivel europeo.

Daniel Lago fala do “NEW GREEN DEAL” na Europa, para loitar contra o cambio climático e ao tempo xerar emprego de calidade. Un novo modelo que non sexa dependente dos combustíbeis fósiles, xeralmente importados de zonas do mundo con alta inestabilidade social e política ou directamente de ditaduras onde non se respectan os dereitos humanos”.

Para o candidato, Daniel Lago: “Galicia pode ser punteira, líder no mundo, destas novas tecnoloxías, que tamén teñen que comezar a introducirse no transporte marítimo, onde vivimos nun mundo onde o tránsito marítimo é cada vez maior e do que nós, habitantes de Galicia con mais de 1200 km de costa, somos conscientes da contaminación directamente por vertidos de aceites e gasóleos nas nosas costas”.

Una respuesta para "Daniel Lago: “Europa ten que empezar un novo “GREEN DEAL” para xerar emprego de calidade e ser lideres na loita contra o cambio climático”"

  1. Sara   14/05/2019 at 15:47

    Compromiso por nada.Menudo nivel de politicos…