Daniel Lago no Congreso do Partod Democrata en Liubliana: “A UE tem que liderar un “green deal” e levar un “plan Marshall” para Africa

Por o 13/04/2019 | Sección: Compromiso por Galicia,Política
Daniel Lago no Congreso do Partod Democrata en Liubliana: “A UE tem que liderar un “green deal” e levar un “plan Marshall” para Africa

O CANDIDATO GALEGUISTA AO SENADO POR PONTEVEDRA, DANIEL LAGO ASISTE AO CONGRESO DO PARTIDO DOS DEMÓCRATAS EUROPEOS NA CAPITAL ESLOVENA.

Daniel Lago afirma a necesidade mais do que nunca de levar para adiante a idea de Europa e do europeísmo como defensa dos valores da democracia, as liberdades e os dereitos humanos, fronte aqueles que queren levarnos cara o oscurantismo e a involución dos nosos dereitos e liberdades como seres humanos.

O CANDIDATO NAS LISTAS DO SENADO POLA FORMACIÓN GALEGUISTA APUNTOU Á URXENCIA, NESTE SENTIDO, DA EUROPA LEVAR UNHA ESPECIE DE PLAN MARSHALL PARA ÁFRICA, LEVANDO XERACIÓN DE RIQUEZA, REDISTRIBUCIÓN E DEMOCRATIZACIÓN.

Segundo Daniel Lago: “a crise demográfica que está a chegar a Europa; a crise dos refuxiados, a crise migratoria; unicamente ten a solución política dun gran plano de inversións na África, mellorando as condicións de vida dos seus habitantes. Veñen fuxindo de guerras, da miseria e da fame na procura de unha vida digna e mellores condicións de vida, é lóxico que fuxan de gobernos que matan, violan, rouban ás súas poboacións de xeito impune.

Daniel Lago: “Europa necesita liderar o “green deal”, a Unión Europea ten que ser líder na chamada “economía verde”, tanto na descarbonización e no crecemento sustentábel, como na economía circular e na loita contra o cambio climático.

Comentar noticia

Your email address will not be published.