Daniel Lago: “O Brexit é o sintoma dunha Europa Enferma, o mellor remedio é a Europeína”

COMPROMISO POR GALICIA TEN O MELLOR REMEDIO PARA ESTA ENFERMIDADE; A “EUROPEÍNA” UN MEDICAMENTO PARA VACINAR CONTRA A EUROFOBIA E A DESCOMPOSICIÓN DA EUROPA.
Publicado por o día 18/05/2019 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Daniel Lago: “O Brexit é o sintoma dunha Europa Enferma, o mellor remedio é a Europeína”

COMPROMISO POR GALICIA TEN O MELLOR REMEDIO PARA ESTA ENFERMIDADE; A “EUROPEÍNA” UN MEDICAMENTO PARA VACINAR CONTRA A EUROFOBIA E A DESCOMPOSICIÓN DA EUROPA.

Os galeguistas seguiran a levar a Bruxelas as demandas de Galicia que teñen que estar presente nas negociacións referentes á pesca na UE. A flota galega vai verse afectada polos sucesivos vencementos dos seus dereitos sobre caladoiros baixo soberanía do Reino Unido; o que podería ter unha repercusión moi negativa sobre este importante sector da nosa economía. A situación mundial non fai anunciar que a UE vaia ter dereitos preferentes sobre estas zonas de dominio económico exclusivo do Reino Unido, algunhas delas situadas no cono sur do planeta e sobre as que China podería exercer a sua influencia.

O 25% da pesca que entra no porto de Vigo procede das Malvinas, o Brexit é algo que vai afectar a un sector que xenera entorno aos 20.000 empregos na nosa cidade e comarca.” afirma Daniel Lago.

O candidato nº 2 a Europa pola formación galeguista, Daniel Lago, indica que para máis, Galicia quedou fora das rotas europeas de mercancías por decisións políticas, tema que no futuro terá tamén fondas consecuencias para a nosa economía.

Sobre este tema existe unha paralización por parte da Xunta, do Estado central e eurodeputados como Pepe Blanco ou Millán Mon e Lidia Senra non fixeron nada sobre este tema. Esta situación pode levar nun futuro a unha grave situación no país, ante a falla de alternativas reais pola perda destes caladoiros e a inexistencia dun proxecto que relance aos portos de Vigo, Coruña e Ferrol como uns dos mais importantes do noroeste peninsular, xa que a estratexia lanzada de “portos azuis” é cativa para a potencialidade dos nosos portos que quedaron fora do eixo europeo atlántico: Lisboa-Porto; de Sines a Leixões.

Daniel Lago: “estamos a ollar o claro retroceso dos portos galegos nos últimos anos a favor de Leixões, que si está incluído na rede europea de transportes de mercadorías”.

Diante desta situación Compromiso por Galicia pide a colaboración entre as administracións implicadas e un acordo de País para defender este piar da economía. Os galeguistas propoñen un acordo de País, xa que os resultados do Brexit, tamén afectaran a mais portos como os de Celeiro, Burela, Marin ou Vilagarcia de Arousa, moitos deles chaves nas economías de moitas comarcas, o que afectará postos de traballo e moitas economías familiares.

Comentar noticia

Your email address will not be published.