Daniel Lago: “Outros teñen que esconder aos seus socios para Europa, nós estamos ben orgullosos do traballo dos nosos”

ESTE MÉRCORES COMPROMISO POR GALICIA FIXO UN PASEO ELECTORAL POR OURENSE CON AITOR ESTEBEN, PORTAVOZ NO CONGRESO DO EAJ-PNV.
Publicado por o día 22/05/2019 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Daniel Lago: “Outros teñen que esconder aos seus socios para Europa, nós estamos ben orgullosos do traballo dos nosos”

Daniel Lago, candidato nº2 da lista galeguista na europeas, apuntou en Ourense na necesidade de refazer Europa desde un prisma máis democrático e máis plural. Falou tamén dunha refundación de Europa, precisa para frear a desafección crecente, incluso fala dunha desconexión entre a UE e á cidadania. Tamén di que temos que continuar no camiño para a construcción dunha grande Europa federal ao estilo dos “Estados Unidos de Europa”.

Europa ten que eliminar o bloqueo ao que poden someter os estados membros as suas decisións, este bloqueo estatal das decisións europeas finalmente o que consegue é unha auxe dos ultranacionalismo que estamos a vivir nestes tempos na Europa” afirma Daniel Lago.

Para o candidato nº 2 a Europa pola formación galeguista, Daniel Lago, Europa ten que reformularse desde a democracia e a pluralidade, desde o respeito ás diversas culturas, pobos e nacións que conforman unha UE que ten que ser o faro do mundo na defensa dos direitos e liberdades.

Os galeguistas acuden en coalición CEUS – Coalición por unha Europa Solidaria, con partidos como o EAJ-PNV que ten demostrado con feitos as suas políticas de progreso social e económico. Outros partidos políticos pertencentes a outras coalicións teñen que esconder aos galegas e ás galegas aos seus aliados para estas eleccións en Europa, nós estamos ben orgullosos dos nosos e das suas políticas sociais.

Daniel Lago: “Europa é ese router que emite sinal pero os cidadáns non conseguen conectar no wi-fi, temos que apagar o router e reiniciar o sistema para unha mellor e máis forte Europa que conecte coa cidadanía”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.