Danlle o alto na rúa Arquitecto Antonio Palacios

Publicado por o día 15/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Danlle o alto na rúa Arquitecto Antonio Palacios

A mesma madrugada do mércores ás 01:00 horas, como vén sendo habitual, axentes da Policía Local de Vigo atopábanse na rúa Arq. Antonio Palacios realizando un control de tráfico no ámbito da Seguridade Viaria, procedendo a dar o alto ao condutor dun turismo.

O citado, F. A. V, de Vigo e de 35 anos de idade, unha vez detido polo Axentes, solicitóuselle a documentación do vehículo para verificación dos datos.

No transcurso desta xestión e durante a entrevista co citado, os Actuantes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0,63 e 0,60 mg/ l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

Por este motivo instruíronse dilixencias para o efecto, para o seu traslado á autoridade xudicial competente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.