“Das leiras aos grandes bloques”

Publicado por o día 10/02/2014 na sección de Cultura

“Das leiras aos grandes bloques”

  Continúan as actividades na biblioteca Neira Vilas sobre barrios que leva por título: “Barrios, espazos de vida. A experiencia de Coia” cunha charla para público adulto:

– “Das leiras aos grandes bloques” a cargo de Eduardo Rodríguez e Diego Lores. Martes 11 de febreiro ás 19h30.

  Os anos 60 supuxeron o final da paisaxe rural que durara tantos anos. Nesas datas execútase o Plan Parcial del Polígono de Coya, e o arquitecto Desiderio Pernas deseña a configuración dos novos espazos. A nova paisaxe urbanística e a chegada de nova poboación (de orixe rural que viña a dotar de man de obra á industria florecente) carrexou a aparición de numerosas contradicións.

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avda. Martínez Garrido, 21 – 36205, Vigo