Data e horarios das primarias da Marea de Vigo

Publicado por o día 09/03/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Data e horarios das primarias da Marea de Vigo

Despois dun intenso traballo organizativo, o comité de primarias desexa trasladarvos as seguintes informacións:

As eleccións primarias da Marea de Vigo terán lugar o día 14 de marzo, sábado, na cafetería Moreneta, Colexio de Arquitectos (COAG), rúa Doutor Cadaval nº 5, na Praza do Pobo Galego.

https://www.google.com/…/data=!3m1!4b1!4m2!3m1!1s0xd2f626a9…

O horario de votacións será de 9:00 a 21:00.

Cada votante, poderá riscar na papeleta un máximo de 8 candidatas/os a concelleira/o por orde de preferencia, mais o voto na lista de alcaldable, tendo en conta a paridade de xénero.

http://www.mareadevigo.org/?page_id=518

A forza da cidade xa esta en marcha!

PRENSA MAREA DE VIGO