David Bernárdez, nova renovación para o equipo de Liga EBA do C.B. Seis do Nadal – Coia

Publicado por o día 10/08/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

David Bernárdez, nova renovación para o equipo de Liga EBA do C.B. Seis do Nadal – Coia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia continúa traballando nas renovacións dos xogadores que xa militaban no conxunto vigués na pasada tempada 2015/2016, tempada na que se conseguiu o ascenso a Liga EBA. Desde un primeiro momento a renovación dos xogadores da pasada campaña foi o obxectivo da entidade para esta nova aventura.

David Bernárdez convértese na nova renovación do Seis do Nadal de cara a nova tempada na Liga EBA, tempada que para o equipo arrancará a fin de semana do 8 e 9 de outubro do 2016 recibindo ao Gijón Básket no pavillón de Navia.
David Bernárdez, ala pívot de 1,96 m. de altura, comezou a súa formación como xogador de baloncesto no Colexio Maristas en categoría infantil na tempada 2004/2005. Nas tempadas 2007/2008 e 2008/2009 formou parte do equipo júnior do Gestibérica Vigo e apoiaba ao equipo de LEB Bronce (07/08) e de LEB Prata (08/09). Na tempada 2006/2007 formou parte da Selección Galega Cadete e foi convocado coa Preselección Española U16. Na formación de David Bernárdez destaca que foi en sete ocasións campión galego.
Xa como xogador sénior xogou nas tempadas 2009/2010 e 2010/2011 na Obradoiro de Liga EBA, nas tempadas 2011/2012 e 2012/2013 competiu co Rosalía de Castro de Santiago de Compostela en Liga EBA e Primeira Nacional, incorporándose na tempada 2014/2015 ao equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia que militaba na Primeira División conseguido na tempada pasada 2015/2016 o Ascenso a Liga EBA.
David Bernárdez cumprirá a súa terceira tempada no Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia nunha tempada na que a entidade participará por primeira vez na súa historia na Liga EBA, máis concretamente no Grupo AB da Liga EBA que hoxe mesmo coñeceu o seu calendario de competición.