David Navarro, xogador catalán do MoraBanc Andorra da Liga Endesa, visitou esta mañá a tódolos rapaces e rapazas participantes no14º Campus de Verán 2015 “Xornadas de Tecnificación” que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.
David Navarro militou no último curso 2014/2015 no MoraBanc Andorra da Liga Endesa despois de ser na tempada 2013/2014 campión da LEB Oro e conseguir o ascenso á maior categoría nacional. Nas anteriores campañas David Navarro militou no Blancos de Rueda Valladolid da Liga Endesa (2012/2013), no Menorca Básquet de LEB Oro (2011/2012) e na Liga ACB co Power Electronics Valencia (2010/2011), equipo co que iniciou o seu camiño na máxima categoría e co que incluso disputou partidos da Euroliga.
Os nenos e nenas inscritos no Campus de Verán 2015 tiveron a oportunidade de compartir unha mañá con David Navarro, xogador que se converteu no líder do MoraBanc Andorra este curso e que recentemente renovou por dúas tempadas máis. David Navarro contoulle a súa experiencia a tódolos inscritos, os cales tiveron a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa traxectoria.
Coa visita de David Navarro quedou inaugurada a segunda semana do Campus de Verán 2015 que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e que se levará a cabo no Colexio Seis do Nadal tódalas mañás ata o próximo venres 10 de xullo do 2015.
PRENSA ÁREA DEPORTIVA BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.