David Oviedo, gañador da II Edición do concurso “Premio ao mellor estudante de hostalería”

3 aspirantes da Escola de Hostalería Ciudad de Vigo competiron por facerse cun local en Progreso 41 Urban Market durante un ano
Por o 16/05/2019 | Sección: Galicia,Vigo
David Oviedo, gañador da II Edición do concurso “Premio ao mellor estudante de hostalería”
Compartir en:
David Oviedo, alumno do último curso da Escola de Hostalería Ciudad de Vigo, resultou ser o gañador do primeiro premio do certame convocado por Mahou en Vigo para elixir ao mellor estudante de hostalería, que este ano celebra a súa II edición.
Como gañador do primeiro premio, Mahou axudaralle a abrir o seu propio negocio de hostalería cedéndolle, durante un ano e de maneira gratuíta, un dos locais do mercado gastronómico vigués Progreso 41 e outorgándolle, ademais, unha bolsa de emprendemento coa que poderá facer fronte aos gastos de acondicionamento do espazo como, por exemplo, a compra de mobiliario e electrodomésticos. Benjamín Martínez e Débora Domínguez tamén alumnos da Escola de Hostalería Ciudad de Vigo conseguiron o segundo e terceiro premio, consistentes nun convenio de prácticas profesionais dunha duración de 3 meses nun restaurante con Estrela Michelín.
Como novidade, este ano os finalistas tiveron que presentar a súa idea de negocio ante o xurado, que valorou a súa actitude emprendedora e que o seu proxecto sexa innovador e creativo.
David Oviedo resultou gañador co seu prato “Civet de xabaril con crujiente de batata” e unha idea de negocio consistente en adaptar pratos tradicionais da comida rueira asiática ao noso produto de mercado. Pola súa banda, Benjamín Martínez participou co seu prato “Polbo a baixa temperatura con romeu e redución de laranxa” e a súa proposta de negocio na que desfai a cociña tradicional galega e a reinterpreta con influencias lationamericanas e asiáticas. Débora Dominguez presentou o seu prato de carne vexetal da man dunha proposta de negocio de comida vegetariana.
Un comité técnico, formado por Rafa Centeo, chef do restaurante con Estrela Michelín Maruja Limón, César Ballesteros, Presidente da Asociación Empresarial de Hospedaxe de Pontevedra ( Asehospo), a blogger gastronómica Andrea Gabián (Lady Compostela), Francisco Rodríguez, xerente de Progreso 41 Urban Market, e Gerardo Vázquez, xestor comercial de Mahou-San Miguel, foi o encargado de valorar as ideas de negocio e as preparacións realizadas polos aspirantes a mellor hostaleiro.
“Con este concurso queremos axudar á xente nova que se está formando no sector da hostalería para atopar unha saída profesional a través do impulso do emprendemento e da formación profesional”, sinalou Jesús Sáez, Field
Marketing Galicia de Mahou San Miguel.

Comentar noticia

Your email address will not be published.