David Regades e Abel Caballero acompañan a Rivas para explicaro o proxecto socialista a veciñanza de Chapela

O secretario xeral provincial e o alcalde de Vigo mostráronse seguros de que o próximo 26 de maio Redondela vai ter unha alcaldesa socialista
Publicado por o día 18/05/2019 na sección de Galicia,Política,PSOE,Redondela

David Regades e Abel Caballero acompañan a Rivas para explicaro o proxecto socialista a veciñanza de Chapela

As e os socialistas redondelás, coa candidata Digna Rivas á cabeza, mantiveron na noite de hoxe un encontro na Alameda de Chapela co secretario xeral provincial, David Regades, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

A candidata á alcaldía de Redondela quixo agradecer a presenza do secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, no percorrido realizado polas rúas de Chapela.

“Regades –asegurou Rivas– é un referente para todos e todas pola enorme capacidade de traballo, como o demostra día a día dende o seu posto de delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo”, institución que dirixe desde a chegada de Pedro Sánchez á presidencia do goberno.

Rivas, que subliñou a importancia de “establecer acordos coa Zona Franca, imprescindibles para o desenvolvemento económico de Redondela”, non dubidou en asegurar que “é unha honra para min que hoxe David Regades estea aquí, en Chapela, nestas datas nas que iniciamos o camiño dunha Redondela de futuro e con futuro, socialmente xusta, igualitaria e solidaria”.

O secretario xeral provincial, pola súa banda, mostrouse “encantado” de acompañar a Rivas polas rúas da vila para explicar o proxecto socialistas ás veciñas e veciños, “un proxecto que con Digna á cabeza fará de Redondela unha vila de referencia no sur da provincia”.

“Digna sabes que conta co apoio non só do partido, senón tamén da colaboración da Deputación, do Goberno de España e da Zona Franca”, engadiu Regades, que se comprometeu a estudar “vías de colaboración” entre o concello e o ente que dirixe para darlle á economía de Redondela “o pulo que precisa, mellorando a vida da xente”. “Estou desexando que Digna sexa alcaldesa para poñer en marcha grandes proxectos desde Zona Franca e o Goberno de España”, engadiu.

Regades fixo mención á “grande cantidade de fondo europeos” á disposición dos concellos “que o actual alcalde non está sabendo aproveitar”. “Co apoio da Deputación, da Zona Franca e do Concello de Vigo seremos capaces de atraer a este municipio estes fondos para que recupere o peso histórico que tivo cos alcaldes socialistas e que lle corresponde como cuarto concello da provincia”, sinalou o delegado da Zona Franca.

Tivo tamén Digna Rivas un especial agradecemento ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que tamén quixo arroupar á candidata á Alcaldía redondelá. “Abel é, para todas e todos nós, un exemplo claro de como poñer en valor unha cidade, de como facela un referente no só nacional senón internacional e como convertela nun lugar do que, os seus veciños e veciñas, síntanse orgullosos”.

A candidata socialistas afirmou que “a miña primeira medida como Alcaldesa, será a de abrir un camiño de colaboración co Concello de Vigo, camiño que o actual Goberno do PP de Redondela pechou por motivos claramente partidistas, esquecéndose de que é imprescindible para que o noso municipio poida desenvolver todo o seu potencial”.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Nese sentido, Digna Rivas matizou a importancia de “impulsar Área Metropolitana e establecer, ao abeiro da mesma, convenios como, por exemplo, en materia de Emerxencias”.

“Veño a pedirvos o compromiso e o apoio para Digna”, dixo o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que asegurou “estar encantado de que me teñades invitado a esta xuntanza”.

O rexedor vigués explicou que o gran segredo para dirixir un municipio “é falando coas persoas, dialogar moito, escoitar a todo o mundo”. “Calquera cousa que che formula unha veciña ou veciño, é importante –asegurou Caballero– e Digna é de esa clase de persoas”.

Abel Caballero amosouse convencido de que “o actual proxecto de Redondela está esgotado e Digna Rivas ten a capacidade para ocupar ese espazo. Ten todos os elementos para ser unha gran alcaldesa”.

Logo de subliñar a necesidade de rematar “coa política de confrontación continua“ entre Vigo e Redondela, Caballero adiantou que, con Digna Rivas no Concello de Redondela comezará unha etapa de colaboración “porque ímonos entenden e facer cousas xuntos”.