David Regades inaugura a terceira mesa de traballo do Programa Mujeres Consejeras de Galicia

Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Delegado da Zona Franca inaugurou, esta mañá nas oficinas de Bouzas, a terceira mesa de traballo enmarcada dentro do Programa Mujeres Consejeras de Galicia, que contou coa participación de dez mulleres e homes de ampla traxectoria e experiencia nos Consellos de administración e órganos de decisión de compañías galegas.

O Programa Mujeres Consejeras de Galicia nace para impulsar e visibilizar o papel da muller nos órganos de goberno das empresas galegas. Esta primeira fase, cuxa duración se estenderá ao longo dun ano, ten os seguintes obxectivos:

Identificar barreiras existentes no ámbito empresarial que frean o acceso das mulleres aos Consellos de Administración.

– Elaborar un diagnóstico real, a través da base de datos ARDÁN, da presenza da muller nos cargos directivos e órganos de administración no tecido empresarial galego.

– Realizar unha técnica de investigación cualitativa baseada en Focus Group.

– Analizar casos de éxito, con mulleres referentes en consellos de administración.

– Propoñer accións a desenvolver por CZFV para contribuír ao avance da muller nos órganos de propiedade/goberno das empresas do noso territorio.

Tal e como manifestou David Regades “a Zona Franca leva impreso nos seus obxectivos o desenvolvemento económico e social da nosa comunidade autónoma polo que é unha prioridade na nosa axenda estratéxica traballar e promover todos aqueles factores que nos leven a un desenvolvemento sustentable e inclusivo.”

O Delegado de Zona Franca tamén apuntou que “as opinións vertidas polo panel de expertos serán fundamentais para poder levar a cabo acciones e programas que realmente respondan as necesidades e rompan as barreiras actuais para alcanzar unha maior participación das mulleres nos máximos órganos de decisión nas empresas.”

As mesas inícianse cun relatorio dalgunha muller de ampla traxectoria e experiencia no ámbito obxecto da investigación. Hoxe, abriu a mesa Socorro Fernández Larrea.

Fernández, Enxeñeira de Camiños, ocupou, ao longo dos seus case 30 anos de traxectoria profesional, distintos postos de responsabilidade, tanto na empresa privada como na administración pública. Forma parte do Consello de Administración de Rede Eléctrica Corporación, Cementos Molins, e Banco Camiños e anteriormente de Amper, Grupo ACR e Tempore Properties.

Unha referente no seu ámbito profesional que ademais está comprometida e involucrada activamente en asociacións e colectivos que promoven e impulsan a visibilidade da muller nos postos de dirección das compañías.

Na súa conferencia Socorro Fernández ha diseccionado aspectos crave sobre o bo goberno corporativo, desde a necesidade de rexerse polo principio de “facer as cousas ben”, pasando polos roles de cada tipo de conselleiro/a, ata a importancia da redacción das actas.

Tamén manifestou a necesidade de que o Consello se preocupe pola diversidade no propio órgano. Isto sen dúbida supón un aumento da complexidade, ás veces do conflito, pero numerosos estudos científicos demostran que canto máis diverso é o Consello de Administración máis rendible é a empresa.