David Regades visita Ribadumia para tratar temas como a Pousada ou a Oral

O Concello de Ribadumia informa que no día de hoxe, o deputado David Regades, visitou Ribadumia para manter unha reunión co equipo de Goberno sobre os convenios vivos entre Deputación e Concello.
Publicado por o día 15/02/2018 na sección de Deputación de Pontevedra

David Regades visita Ribadumia para tratar temas como a Pousada ou a Oral

Entre os temas de interese a tratar estivo a legalización da Pousada e concesión de licencia municipal entorno a Pousada. Ademáis das obras de urbanización da zona de Santa Eulalia e o impulso final para o remate da Pousada, todo isto co compromiso da Deputación de pechar as obras no 2018 cunha inversión de preto de medio millón de euros.

Outro dos temas que centraron a reunión, e a Oral, onde a Deputación puxo sobre a mesa a plena predisposición para acceder a revogación dos convenios existentes con plena colaboración co Concello, para que este poida levar a cabo a recaudación directa de impostos cun aforro de uns 70000 € que poderán revertir en beneficio dos veciños de Ribadumia. E este será un dos puntos a tratar no próximo pleno da Deputación.

Así o Concello comezaría co servizo de recadación para o exercicio fiscal 2018, e o seguinte paso será polo tanto a reunión dos técnicos da Oral e do Concello para proceder o traspaso da xestión.