De camiñada polas rúas de Pontevedra

A actividade de Normalización Lingüística celébrase esta tarde. O punto de encontro é a praza da Ferraría a partir das 17.30 horas.
Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

De camiñada polas rúas de Pontevedra

As rúas de Pontevedra acollerán esta tarde a camiñada “A lingua nas rúas de Pontevedra” organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística dentro da programación de Maio, Mes da Lingua e que foi adiada no seu día polo mal tempo.

A asistencia é libre; e o punto de encontro é a praza da Ferraría ás 17.30 horas. O percorrido estará guiado polo historiador Roberto Rivas e pola xornalista Susana Pedreira. Durante o percorrido faranse paradas ademais de na praza da Ferraría, na praza da Verdura, rúa de Isabel II, praza do Teucro, rúa da Princesa, rúa de Don Filiberto e praza de San Xosé para descubrir fitos da historia da lingua galega que tiveron lugar na nosa cidade.