De novo alerta no mar, moita precaución!

Publicado por o día 10/04/2018 na sección de Mar

De novo alerta no mar, moita precaución!

A Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará  a todo o litoral da Comunidade Autónoma a partir do mediodía do 10/04/18.  Así que, desde o 112 Galicia facemos un chamamento á responsabilidade da cidadanía para evitar calquera posible dano e recomenda ademais seguir estes consellos:

  • Evita proximarte a diques, rompentes, praias ou cantís, xa que unha onda podería arrastrarte. Mesmo pode ocasionar danos en vehículos e mobiliario urbano.
  • Se tes embarcación comproba que está ben amarrada.
  • Non te achegues á líña de costa para facer fotos, é moi perigoso.
  • Mantente informado do estado da mar.
  • Chama ao 112 Galicia se precisa axuda.