De roteiro polos montes de Vigo de man de Vegalsa-Eroski e o concello de Vigo

Por sétimo ano consecutivo, ambas as institucións renovaron o convenio de colaboración enmarcado no programa municipal Camiño a Camiño para o desenvolvemento de accións conxuntas de sensibilización e educación ambiental
Publicado por o día 26/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

De roteiro polos montes de Vigo de man de Vegalsa-Eroski e o concello de Vigo

Por sétimo ano consecutivo a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e o Concello de Vigo continuarán impulsando a protección do medio ambiente, realizando accións conxuntas de sensibilización e educación ambiental. Para iso, durante a xornada de hoxe, o director xeral da empresa, Joaquín González, e o alcalde da localidade, Abel Caballero, acompañados pola concelleira de Medio Ambiente e Vida Saudable, Nuria Rodríguez, renovaron o convenio de colaboración desta iniciativa que se enmarca no programa municipal Camiño a Camiño.

Oito roteiros ambientais os domingos de outubro e novembro

Vegalsa-Eroski asumirá a contratación e custo de oito roteiros por Vigo e comarca que se realizarán todos domingos dos meses de outubro (días 6, 13, 20 e 27) e novembro (días 3, 10, 17 e 24), destinando 18.000 euros para iso. Aproveitando o outono, este programa de roteiros ambientais busca achegar á cidadanía a flora e fauna desta comarca, fomentando hábitos de vida saudables e sustentables.

Unha acción á que se suman anualmente 1.600 participantes e que pretende fomentar a sensibilización e concienciación social en relación coa protección do medioambiente. A compañía colaborará ademais como cada ano na difusión da iniciativa Camiño a Camiño a través da súa rede de supermercados en Vigo, colocando material promocional e de apoio do citado programa así como na xestión de residuos e reciclaxe de materiais dos consumidores.

Sustentabilidade

A colaboración de Vegalsa-Eroski e o Concello de Vigo na protección do medioambiente prolóngase xa sete anos no tempo, período no que a compañía contribuíu, dentro do programa Camiño a Camiño, á posta en marcha de accións de sensibilización e educación ambiental e colaborado nas actividades de voluntariado postas en marcha en 2017 para paliar as consecuencias dos incendios que arrasaron Vigo ese ano.

Vegalsa-Eroski aposta por un modelo de empresa sustentable na que impera a regra das 3 R: reducir, reutilizar e reciclar. Reduce o consumo enerxético a través das súas tendas sustentables, reutiliza a través da súa política de economía circular, e recicla aproveitando os recursos para reducir ao máximo os residuos ou darlles unha nova vida. No últimos tres anos, a empresa reduciu un 35% o consumo enerxético co seu modelo de tenda ecoeficiente, responsable coa contorna ambiental e integrada coa súa conciencia ecolóxica.

En 2018 doou máis de 21.083 euros a través da reciclaxe e xestión téxtil recollidos nos seus establecementos, que ascendeu a un total de 473.676 kg, a través da colaboración con Humana Fundación Pueblo para Pueblo, INS3RTEGA e Equus Zebra

No que ha reciclaxe refírese, a través do seu programa “Desenvolvo Sustentable. Residuo Cero” a compañía puido reciclar no último exercicio un total de 11,1 millóns de quilos de residuos como papel e cartón, plástico, aceite usado, pilas, baterías e chatarras, palets e poliexpán.