Debate, a morte voluntaria no Cine en Vigo

Publicado por o día 15/01/2019 na sección de Galicia,Vigo

Debate, a morte voluntaria no Cine en Vigo

O cine ten abordado en abondantes ocasións, e de modo crecente nos últimos anos, temas coma o dereito a morrer dignamente, a morte voluntaria ou a complexidade que teñen as decisións que tomamos perante a morte. Mar Adentro, Amour, Truman, As invasións Bárbaras son algúns dos títulos que se poden lembrar dentro dunha longa lista.

Repasando algúns destes exemplos nun breve documental, Miguel Mora, médico xúbilado, e Laura F. Abalde, vicepresidenta da Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia, pretenden abrir o debate ao público nesta xornada no que se poderá falar e preguntar sobre a eutanasia, o testamento vital, o suicidio asistido ou os coidados paliativos. O acto se celebrará nos Multicines Norte o próximo Mércores 16 de Xaneiro, ás 20:00h.

O acceso será gratuito ata completar aforo da sala (unhas 100 persoas aprox.).