Decae a PNL de En Marea para a transferencia da AP-9 a Galicia cos votos do PP e C´s

A votación celebrouse en tres ocasións pero ó producirse un empate o reglamento do Congreso recolle que decae a PNL.
Publicado por o día 01/12/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

Decae a PNL de En Marea para a transferencia da AP-9 a Galicia cos votos do PP e C´s

Alexandra Fernández: “Podían escoller entre votar ‘si’ á transferencia da AP-9 pensando nos intereses dos galegos e galegas, ou votar non e facer de escudo dos intereses dun fondo norteamericano”.

 O Congreso dos Deputados rexeitou este mércores, na súa Comisión de Fomento, a Proposición Non de Lei (PNL) de En Marea que insta ó Goberno a realizar a  transferencia da autoestrada AP-9 a Galicia despois de producirse un empate pola ausencia dun voto.

O empate técnico con 18 votos a favor e 18 en contra (dos 37 totais) debeuse a unha ausencia de voto, sen embargo, na votación da PNL compróbase como ERC, PNV e Compromís confirman o seu voto favorable.

En contra votaron Ciudadanos, Partido Popular e Foro Asturias.

A deputada de En Marea por Pontevedra destacou que a autoestrada do Atlántico “é unha vía fundamental para as comunicacións interiores en Galicia, posto que vertebra o territorio de norte a sur, desde Ferrol ata Tui, cumplindo un importante papel de dinamización socioeconómica do eixe atlántico”.

Fernández lembrou na súa comparecencia que o Parlamento galego aprobou por unanimidad o pasado 15 de marzo unha proposición de ley que instaba á transferencia da titularidade da autopista AP-9 á Xunta.

Todos os grupos en Galicia votaron a favor da transferencia da AP-9, incluido o PP, polo que esta proposición remitiuse ó Congreso para a súa tramitación. Unha vez se tramitou, o PP aplicou un mecanismo tan antidemocrático e insólito na vida parlamentaria de esta Cámara como o veto, co fin de que esta iniciativa non se poda nin debatir nin votar.

En Marea aceptou este mércores unha emenda do PSOE para sacar adiante a vontade do Parlamento de Galicia.

“Decidimos chegar a este acordo co PSOE para priorizar a transferencia aprobada por unanimidade no Parlamento galego, pero En Marea seguirá loitando para ter unha AP-9 gratuita, porque xa está máis que amortizada, dado que o PSOE non quixo transixir na liberación de peaxes da AP-9”, valorou Alexandra Fernández.

Esta transaccional instaba ó Goberno a iniciar os trámites necesarios para proceder á transferencia da AP-9 ó Goberno galego, de xeito que esta importante vía de alta capacidade que vertebra o país de norte a sur, máis que amortizada a estas alturas, “se poña ó servizo do interés xeral de Galicia, asumindo íntegramente a proposición de ley orgánica aprobada polo Parlamento galego”.

Esta iniciativa pedía tamén levantar o veto que mantén o Goberno á Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia, para que coa a maior brevedade posíbel poda ser tramitada como Proposición de Lei antes as Cortes Xerais.

PP E CIUDADANOS

O Partido Popular e Ciudadanos negáronse a aceptar a proposta de En Marea.

Celso Luis Delgado, deputado galego do PP, centrou este debate en cuestións económicas, seguindo a liña do Goberno de Rajoy.

“Serían 4.300 millóns de euros en rescate”, argumentou Delgado, cando en realidade a cifra é moito menor, entre 2.500 e 3.000 millóns de euros.

Delgado platexou unha enmenda que busca iniciar “conversacións coa Xunta de Galicia”, cando en realidade a proposta da transferencia xa foi aprobada polo Parlamento galego.

O deputado de Ciudadanos Luis Miguel Salvador alegou que  a transferencia “suporía máis de 900 millóns de euros”, sen explicar a procedencia desta irreal cifra, que debería ser pública e gratuita.

AS CONTAS DE AUDASA: BENEFICIOS REDONDOS, CERO INVERSIÓNS

A deputada de En Marea insistiu na súa comparecencia en que os galegos e galegas “xa perdimos moito diñeiro” con esta autoestrada, e lembrou que unha viaxe na AP-9 desde Ferrol ata Vigo supón un coste de algo máis de 20 euros para un vehículo privado e ata 43 euros para outro tipo de vehículos como remolques ou camións.

“A autopista do Atlántico non só é das máis caras do estado, se non que nin sequera conta cun Programa de descontos para usuarios habituais como sucede con outras vías de alta capacidade do estado”, sinalou Fernández.

A carteira de ingresos de AUDASA a conta das peaxes da AP-9 demostra que foi un negocio moi rentable. O balance correspondente ós primeiros seis meses do año por parte da concesionaria ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores mostra uns datos claros: incrementou nun 2,8% a súa recaudación, ata os 64,04 millones de euros, mentras que o beneficio neto aumentou nun 20,2%, deixando un resultado positivo de 17,4 millones de euros.

“Fagan as súas contas e concluirán que é lóxico que se aferre a este chollo, o que xa non é lóxico é que o Goberno antepoña os intereses económicos dunha concesionaria ós intereses de Galicia”, insistiu a deputada.