Décimo cuarto aniversario do Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos

O campionato infantil de fútbol vense celebrando tradicionalmente en Semana Santa no Campo de Fútbol de Cototorrón
Publicado por o día 12/04/2017 na sección de Deportes,Galicia,Mos,Vigo

Décimo cuarto aniversario do Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos

Ven de presentarse no Campo de Fútbol de Cototorrón, na parroquia mosense de Tameiga, o XIV Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos. Á presentación asistiron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Luis Alonso, tamén edil mosense, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga acompañado por outros membros da directiva do club; así coma os nenos/as xogadores/as das categorías do Club-Louro Tameiga que participan neste torneo.

O torneo celébrase durante esta Semana Santa, os días 13 (mañá), 14 (venres), e 15 de abril (sábado), no Campo de Fútbol de Cototorrón e nel participarán centos de rapaces que disputarán un total de 36 partidos. Os cativos participantes neste campionato pertencen ás categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

O horario do torneo será mañá de 16.00 horas a 19.00 horas, o venres de 09.00 horas a 21.00 horas, e o sábado 15 de 10.00 horas a 12.30 horas (xornada na que se disputarán as finais e os terceiro e cuarto postos da clasificación).

Este torneo está organizado polo Club Louro-Tameiga coa colaboración do Concello de Mos e La Caixa, patrocinadores deste evento deportivo durante o seus catorce anos de historia no municipio mosense. Trátase dun torneo federado pola Federación Galega de Fútbol e a Federación Española de Fútbol, e será ademais arbitrado por árbitros tamén federados.

Os equipos que competirán estes días en Cototorrón, cada un con diversas categorías, son: o anfitrión Club Louro-Tameiga, a Unión Deportiva Mos, U.D. Santa Mariña, E.D.M. Salceda, Alcabre, Celta, U.D. Atios, Cultural Areas,‘Escuelas de Fútbol Portero 2000’ e U.D. Friestense (Portugal).

Neste evento deportivo os cativos participantes poderán disfrutar duns días de competición, convivencia e deporte.