Acabamos de celebrar o 400 aniversario da Constitución Española, unha Carta Magna que supuxo o recoñecemento formal da plena cidadanía dos xitanos e xitanas fai tan só catro décadas. A Constitución recolle a igualdade como principio e valor compartido por todos os españois e inclúe algúns artigos que avalan e permiten a posta en marcha de políticas para garantir a igualdade de oportunidades, combater a discriminación e promover a participación de todos os cidadáns e cidadás. Como parte desa cidadanía, o pobo xitano tamén viviu un proceso de avances sociais que promove ese marco de convivencia e cohesión que supón a nosa Constitución.
40 anos despois da súa aprobación, podemos felicitarnos polos cambios que promoveu na comunidade xitana. É innegable que as condicións de vida melloraron; a escolarización dos nenos e nenas xitanas é unha realidade, e aos poucos cada vez máis mozos e mozas completan a etapa de educación obrigatoria e continúan estudando na Universidade; o mercado laboral, aínda que lentamente, vaise abrindo tamén aos xitanos e xitanas; o chabolismo, aínda que existe, xa é residual; e cada vez contamos con máis mecanismos e recursos para loitar contra o rexeitamento e a discriminación que sofren as persoas xitanas.
Así todo, a brecha de desigualdade persiste. A comunidade xitana está sobrerepresentada nos índices de pobreza e exclusión social; as taxas de fracaso e abandono escolar son moito máis altas entre o alumnado xitano que na media española; a taxa de desemprego da poboación xitana e o nivel de precariedade no emprego están moi por encima das porcentaxes medias, por poñer só algúns exemplos. En definitiva, a igualdade de oportunidades non é unha realidade para unha boa parte da comunidade xitana.
Pero nun día como hoxe, 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, desde a Fundación Secretariado Xitano queremos subliñar os avances que se produciron no recoñecemento institucional do pobo xitano e na progresiva participación de xitanos e xitanas en todos os ámbitos da sociedade.
Hai un ano, a instancias do Congreso dos Deputados, o Consello de Ministros recoñecía formalmente o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano, unha decisión que comporta o recoñecemento institucional aos símbolos e á identidade dunha comunidade cunha historia e cultura propia, asentada en España desde fai case seis séculos, e que sobreviviu a numerosas persecucións e a un forte rexeitamento e discriminación, que pervive actualmente.
Estamos a ver tamén como algunhas Comunidades Autónomas están a introducir a historia e a cultura xitana no currículo escolar, saldando así unha débeda pendente, porque a súa ausencia
nos libros de texto contribuíu claramente ao descoñecemento e ao distanciamento, a basear as relacións en prexuízos e estereotipos negativos sobre a comunidade xitana, herdados dunha
tradición de rexeitamento secular. A nosa campaña de sensibilización “Lección Xitana”, que está a servir para celebrar este 8 de abril en moitos Concellos e Comunidades Autónomas, estápensada precisamente para contribuír a paliar ese descoñecemento, ofrecendo un percorrido pola historia e a cultura do pobo xitano.
Por outra banda, a instancias do Parlamento Europeo, e nunha iniciativa na que participa a Fundación Secretariado Xitano, está previsto que se promovan en todos os Estados Membros da Unión Europea, Comisións da Verdade e Reconciliación para coñecer e visibilizar a realidade do rexeitamento e a persecución que sufriu o pobo xitano ao longo da súa historia, e reparar o dano causado á dignidade das persoas xitanas.
Pero é quizais a participación das persoas xitanas en todos os ámbitos da esfera pública onde estamos a ver grandes avances. Hai poucas semanas viamos no Congreso dos Deputados, ante a Comisión de Dereitos da Infancia e Mocidade, a Eusebio Montoya, un neno xitano de 12 anos do barrio madrileño de Vallecas, que participa nos programas da Fundación Secretariado Xitano,
asumir a representación de nenos e nenas das Comisións de Infancia de toda España para trasladar as súas peticións ao Congreso, tras un proceso de participación infantil para coñecer os seus dereitos.
O pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha data sinalada para reivindicar o papel das mulleres en todos os ámbitos da sociedade e poñer en valor a necesidade de garantir a igualdade de xénero, vimos como as mulleres xitanas fóronse incorporando a este proceso e súmanse, conscientes dos seus dereitos, á reivindicación dunha sociedade que esixe a igualdade das mulleres, tamén das mulleres xitanas.
Pero é na participación política onde vemos estes días, previos a varias citas electorais, unha manifestación dos avances que están a promover os xitanos e xitanas na representación pública. Os principais partidos políticos con representación parlamentaria están a incorporar nas súas listas electorais a candidatos e candidatas xitanas, mostrando así, por unha banda, a heteroxeneidade e a pluralidade ideolóxica dentro da comunidade xitana, pero tamén o valor que supón en termos de rendibilidade política ter nas súas filas a persoas que representan a diversidade, persoas que suman, non restan votos, persoas que achegan aos partidos políticos e á sociedade. A numerosa incorporación de candidatos e candidatas xitanas ás próximas eleccións xerais, autonómicas e locais é un reflexo real de procesos de participación e cidadanía do pobo xitano, e supón, sen dúbida, o recoñecemento do valor que achegan, tamén á política. Neste 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, desde a Fundación Secretariado Xitano non podemos máis que alegrarnos destes avances en termos de recoñecemento e participación, avances que só poden producirse cando as persoas teñen garantidos os seus dereitos sociais básicos: unha educación de calidade, un emprego decente e unha vivenda digna.
Debemos seguir apostando por políticas, iniciativas e programas que contribúan a asegurar eses dereitos sociais para todas as persoas xitanas, sen deixar a ninguén atrás, para que poidan exercer plenamente a súa cidadanía. Por iso é polo que esa ampla representación política da minoría xitana sexa imprescindible para defender desde os poderes públicos o necesario avance en dereitos do pobo xitano
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.