Declaracións de Carmen Santos nas xornadas “PODEMOS: Trabajo para todas”

“Podemos foi un impulsor fundamental e único para acadar un resultado histórica para unha forza que se presenta por primeira vez ás eleccións”
Publicado por o día 13/01/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

Declaracións de Carmen Santos nas xornadas “PODEMOS: Trabajo para todas”

A secretaria xeral de Podemos Galicia e deputada por En Marea, Carmen Santos, xunto á vicepresidenta cuarta do Congreso dos Deputados e responsable da área legal de Podemos, Gloria Elizo, e a secretaria xeral de Podemos Canarias, foron as encargadas de abrir as xornadas que, baixo o título de “PODEMOS: Trabajo para todas”, se celebran durante esta fin de semana nas Palmas.

Carmen Santos, que mañá sábado participará no taller “Confluencias y Confluyentes”, onde exporá a experiencia galega, sinalou en declaracións previas ó acto de apertura que “as experiencias electorais [nas distintas partes do territorio], similares ou distintas, sempre tiveron puntos en común”, poñendo en valor “este tipo de encontros” nos que “podemos compartir esas experiencias e seguir construíndo e mellorando este proxecto plurinacional”.

Santos participou tamén na palestra “Democracia Radical e Participación política”, xunto a Pablo Fernández, representante xeral da candidatura de Unidos Podemos e Gloria Elizo, responsable do equipo legal de Podemos, onde sinalou que “aínda que o PP mantivo a súa maioría absoluta, iso non significa que non vaiamos polo bo camiño: somos segunda forza política a primeira vez que nos presentamos ás eleccións dentro de En Marea”, engadindo tamén que “Podemos foi un impulsor fundamental e único para acadar un resultado sen dúbida histórico para ser unha forza que se presenta por primeira vez ás eleccións”.

A secretaria xeral galega tamén dixo que “temos que afondar nas cuestións legais e xurídicas para afinar os proxectos e que teñan a coherencia e a solvencia precisas para que conecten con esa maioría social que ás veces teñen moitos recelos”, especialmente nunha terra como a nosa, onde a xente “ten sufrido moito, que ten unha emigración estrutural e un illamento histórico”, malia a ser “unha nación histórica dentro da estrutura estatal”. Carmen Santos engadiu que “Galicia ten unha sensibilidade galeguista propia e unha forma de ver a política moi distinta a, por exemplo, os nosos compañeiros de Cataluñá”, engadindo que esas distintas sensibilidades “suman e multiplican, non dividen, como quere facer o Partido Popular”.

Santos rematou incidindo na necesidade de convencer á maioría social “de que hai proxectos políticos que poden resolver os seus problemas” e “mellorar a vida da xente, que é para o que estamos aquí”.

Carmen Santos intervirá novamente mañá, como poñente na palestra que leva por título “Confluencias y Confluyentes”, ás 18.00 de mañá sábado.

A salida do evento atendeu os medios de comunicación.