Declaracións de Eva Garcia ao termo da sesión plenaria de hoxe

Publicado por o día 26/08/2019 na sección de Galicia,O Porriño

Declaracións de Eva Garcia ao termo da sesión plenaria de hoxe

Eva García valorou que a oposición “hoxe foi vitima dun erro administrativo que cometeron por inacción; de xeito que a oposición proba agora da mesma mediciña que tivemos que experimentar nós coa cancelación do pleno ordinario do 30 xullo por un erro administrativo que eles pensaban empregar para invalidar os acordos que se adoptasen”.

A alcaldesa replica ó voceiro da oposición e mantén que “o pleno extra sí celebrouse, o señor Lorenzo non pode decir ó contrario. O que pasou é que se votou a urxencia ou non dos asuntos e o PP perdeu as votacions ó considerar a maioría da Corporación co voto dirimente desta Alcaldía que os asuntos que prantexaba non eran urxentes”.

A alcaldesa achaca ó PP que “no fondo o que pretendía con este pleno de hoxe era paralizar a xestión do Concello”. Eva García lembrou que “no caso de que tivera prosperado o que prantexaba o PP, é dicir, a anulación de pleno dereito da facturación existente na conta 413 e a súa revisión de oficio, sería un feito sen precedentes no municipalismo galego”, engadiu a alcaldesa.

A alcaldesa rematou lembrando que pasado mañá mércores 28 está convocado un pleno ordinario da corporación local para sacar adelante sendas modificacións de crédito extraordinario financiado con remanente de tesorería para dispoñer de líquidez e afrontar o pago de facturas pendentes dos últimos exercicios.
Unha das propostas é para aboar ós acreedores que figuran na conta “413” por gastos relativos a moi diversos proveedores: telefonía, servicios, suministros, publicidade, reparación de vehículos, cultura, proxectos e direccións de obras, entre outros. O importe de todas esas facturas pendentes suma a cantidade 1.781.923 euros.
A outra proposta era para aboar facturas reclamadas por vía xudicial que suman un importe global de 473.000 euros