Declaracións de Yolanda Díaz sobre os datos da EPA

Publicado por o día 26/01/2017 na sección de Esquerda Unida,Política,Vigo

Declaracións de Yolanda Díaz sobre os datos da EPA

Yolanda Díaz: “Os datos da EPA confirman que Galicia sigue na senda da destrución de emprego indefinido, substituído por unha precariedade laboral crecente e preocupante”.

Respecto aos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA)que o INE fixo públicos esta mañá, Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea, sinalou que“Galicia sigue na senda da destrución incesante do emprego indefinido, onde a  temporalidade continúa a ser a característica principal dos contratos en Galicia(oscontratos temporais creceron nun 6%), unha porcentaxe que demostra que o obxectivo da reforma laboral do PP, no camiño da destrución do emprego de calidade, estase a cumprir”.

Neste senso, para Díaz, “non se pode consentir que se oculten claves fundamentais desta lectura.Se ben é certo que traballa máis xente é porque temos o mesmo traballo, ou menos, aínda que máis repartido entre traballadoras e traballadores precarios que cobran menose non chegan a fin de mes. A realidade é que a masa salarial á a mesma, o que muda son os salarios e as condicións laborais, que empeoran, seguindo así o obxectivo e intereses das grandes multinacionais: a destrución de emprego indefinido e de calidade e a condena de xeracións futuras a vivir condicións precarias inaceptables”, sinala.

Doutra banda, “o ritmo de creación de emprego está a diminuír perigosamente, o que demostra que estamos nunha situación de debilidade que pode acabar con novos ataques contra os dereitos das traballadoras e traballadores”, expresa. Para Esquerda Unida estes datos mostran a incapacidade do modelo de goberno implantado por Feijóo á hora de garantir os dereitos dunha clase traballadora cada vez máis precarizadae afectada pola drástica redución de salarios e da súa calidade de vida.