Declarada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo no municipio ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior

Esta situación operativa decrétase porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais, neste caso ao núcleo de Queirugás
Por o 04/08/2017 | Sección: Medio Ambiente,Sucesos
Declarada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo no municipio ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior

A Consellería do Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior do Val. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao núcleo de Queirugás.

Este incendio comezou ás 16,30 horas e, segundo as primeiras estimacións, afecta máis de 40 hectáreas. No seu control traballan un técnico, catro axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, tres pas, 12 helicópteros e catro avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.