Defenderon as pensións diante do Parlamento Galego

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (Modepen) esixe a dimisión da ministra de Traballo Fátima Ibañez
Publicado por o día 08/02/2017 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

Defenderon as pensións diante do Parlamento Galego

Esta mañá a plataforma Movemento Galego en Densa das Pensións Públicas e a Coordinadora Estatal en Defensa das Pensións Públicas concentráronse ante a sede do Parlamento Galego de Santiago de Compostela, a concentración arrinco ás 11 da mañá, coincidindo cunha reunión plenaria. Os pensionistas, que mostraron varias pancartas reivindicativas e corearon consignas como “máis pensión e menos corrupción”.

A acción de hoxe non so se realizou na Galiza senon en todas as sedes dos gobernos autonómicos do resto do Estado.

Fixeron unha entrega dun documento reivindicativo en defensa do Sistema Público de Pensións e para poder participar no Pacto de Toledo que foi presentado o pasado ano no Congreso dos Diputados en Madrid, no que figura tamén que a xubilación anticipada non sexa penalizada e que os que cotizasen polo menos durante corenta anos perciban a totalidade.

Así mesmo, nas súas demandas figuran a de revalorizar as pensións en base ao aumento real do índice de prezos ao consumo que desde 2011 calculan que foi superior ao 6,5%, para evitar unha perda do valor adquisitivo, ademais dunha homologación das prestacións a nivel europeo e o establecemento dun “tope mínimo” para os emigrantes retornados.

Galiza figura como a comunidade autónoma coas pensións máis baixas de todo o Estado e, segundo a asociación Mopeden, as mulleres cobran unha media de 400 euros menos que os homes.

Exisen a dimisión da ministra de Traballo, Fátima Ibañez “pola súa incompetencia e desprestixio en política laboral e de Seguridade Social o que trouxo para toda a cidadanía unha gran incertidume” social e no ámbito das pensións públicas, o aumento das pensións de “0,25% ou un euro” supón para os pensionistas “unha burla”, atendendo ao aumento do nivel de vida..