Delegación de En Marea participará na Diada

Publicado por o día 10/09/2017 na sección de En Marea,Política

Delegación de En Marea participará na Diada

Luís Villares e Ana Seijas, da Portavocía de En Marea , participaran na manifestación convocada polas entidades cidadáns de Cataluña e Asemblea Nacional Catalana para celebrar este 11 de setembro o Día de Cataluña.

Do mesmo xeito, durante a súa estadía realizarán diversos contactos con entidades cidadáns e políticas catalanas e asistirán a actos conmemorativos, en concreto participarán no acto convocado polos Comúns en Santa Coloma.

En Marea, segundo a súa definición, está a favor do dereito a que a cidadanía decida, non pode haber ningunha lei moralmente lexítima que nun estado democrático impida unha consulta á xente sobre algo que é tan evidente que demanda expresarse.

En Marea entendemos que só corresponde decidir ao pobo catalán o que desexe e apoiamos que poida facelo, que sexa o pobo catalán como último residente da soberanía quen decida sen que ninguén alleo poida poñerlle trabas.